Friday 17 de May de 2024

O Centro de Lecer As Pedras programa para o sábado 11 unha Xornada de Cosplay


O Centro de Lecer As Pedras (Perillo) programa para o sábado 11 de novembro a partir das 12:00 horas unha Xornada de Cosplay.

Dentro da programación nos centros de lecer do Concello de Oleiros, o vindeiro sábado día 11 de novembro terá lugar unha Xornada de Cosplay en As Pedras.

A xornada comezará as 12:00h co recibimento das persoas participantes, como parte da quedada haberá entre outras cousas coloquios e charlas. O horario e desenvolvemento da actividade será seguinte:

12:00h- Recepción de participantes

13:00h- Iniciación ao cosplay (Yellow)

16:30h- Crea os teus props con impresora 3D (Álvaro)

17:45h- A miña primeira sesión fotográfica (Multiversuscosplay)

19:00h- Quérome presentar a un concurso cosplay (Roux)

20:00h- Mesa redonda con cosplayer (Xipi, Leo, Thais) e finalización da xornada

A actividade é de balde.
Reserva de praza en centrosmocidadeoleiros.wordpress.con ou 981977944.